Convocada unha nova edición do concurso de fotografía de Xove

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura, convocou o VII Concurso de Fotografía Medioambiental Xove, a súa costa e o seu mar.
IMG_3010
22 Ago 2020

O Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura, convocou o VII Concurso de Fotografía Medioambiental Xove, a súa costa e o seu mar. A idea básica deste Concurso é a de potenciar a participación cidadá na protección do medioambiente.

Dentro do concurso haberá unha única categoría con cinco premios en metálico, entre os 120 do primeiro e os 65 do segundo (100, 90, 75).

A temática, tal como recolle o título, vai ser a costa e o mar de Xove. As imaxes deberán ser realizadas polos propios participantes, xa que en ningún caso se aceptarán  imaxes copiadas ou realizadas por persoas distintas. Poderanse presentar un máximo de 3 fotografías, as cales deberán ser sacadas dentro do término municipal de Xove. As fotografías deberán presentarse en formato dixital (JPEG) en alta calidade, sen comprensión, a unha resolución mínima de 2048 píxeles.

O sobre que conteña a documentación deberá presentarse antes do día 11 de setembro e poderá facerse  tanto no Rexistro de Entrada do Documentos do Concello coma mediante envío por correo postal ordinario; neste último caso, deberá facer constar no sobre pola Oficina de Correos a data de presentación,  tendo en conta o límite.

Para unha maior información sobre este concurso, poden chamar ao Concello e preguntar polo Técnico Municipal de Cultura. As Bases Reguladoras da Convocatoria e a Ficha de Inscrición-Autoría pódense atopar na sede electrónica do Concello.

0.11019110679626