Convocada unha nova edición do concurso de microrrelatos de Vilalba
O Concello de Vilalba e Culturalia Gz organizan a sexta edición do concurso de microrrelatos, que ten como obxectivo conmemorar o Día do Libro 2024 e fomentar na poboación o achegamento á lectura literaria.
Poden concursar todas as persoas que o desexen. Os relatos deberán estar escritos en lingua galega, ser orixinais e inéditos. O tema é libre e deberá conter, polo menos unha vez, a palabra ‘libro’ no corpo do microrrelato. Cada participante poderá presentar un máximo dun microrrelato e as obras terán como máximo 100 palabras (título incluído).
Os microrrelatos enviaranse por correo electrónico ao seguinte enderezo do Concello de Vilalba: cultura@vilalba.es. O prazo para a presentación de textos estará aberto ata as 23:59 horas do 31 de maio.
Establécense tres categorías: Infantil (ata 11 anos); Xuvenil (de 12 a 17 anos), e Adultos/as (a partir dos 18 anos).
Haberá premios para os tres mellores microrrelatos nas tres categorías. Na de adultos, 300, 200 e 100 euros; libros e material escolar na categoría Infantil, e un portátil e libros na Xuvenil.
A decisión do xurado darase a coñecer o durante o mes de xuño de 2024 a través das páxinas web das entidades convocantes, www.vilalba.org e www.culturaliagz.com, e nas súas redes sociais.