Convocada unha nova edición do concurso de microrrelatos de Vilalba

TerraChaXa
O prazo para a presentación de traballos rematará o 31 de maio
certamen-de-microrrelatos-vilalba
9 Mar 2026

O Concello de Vilalba presentou a VIII Edición do Certame de Microrrelatos de Vilalba no que poden concursar todas as persoas que o desexen.

Os relatos deberán estar escritos en lingua galega, ser orixinais e inéditos. O tema é libre e deberá conter, polo menos unha vez, a palabra ‘libro’ no corpo do microrrelato. Cada participante poderá presentar un máximo dun microrrelato e as obras terán como máximo 100 palabras (título incluído).

Establécense tres categorías: Infantil (ata 11 anos); Xuvenil (de 12 a 17 anos), e Adultos/as (a partir dos 18 anos).

Haberá premios para os tres mellores microrrelatos nas tres categorías. Na de adultos, 250, 150 e 100 euros; libros e material escolar na categoría Infantil, e un portátil e libros na xuvenil.

A decisión do xurado darase a coñecer o durante o mes de xuño de 2026 a través das páxinas web das entidades convocantes, www.vilalba.org e www.culturaliagz.com, e nas súas redes sociais.

O prazo para a presentación de traballos rematará o 31 de maio e o envío deberá facerse ao correo do departamento de Cultura: cultura@vilalba.es.

0.11756300926208