Convocada unha nova edición do Premio de Poesía do Certame Literario

TerraChaXa
O Concello de Vilalba, co afán de estimular a creación poética, convoca o XLVI Premio de Poesía do Concello de Vilalba, enmarcado no Certame Literario anual.
Captura de pantalla 2020 06 08 a las 9.28.01
8 Xuño 2020

O Concello de Vilalba, co afán de estimular a creación poética, convoca o XLVI Premio de Poesía do Concello de Vilalba, enmarcado no Certame Literario anual. Dende a Concellería de Cultura do Concello de Vilalba, fixeron públicas as bases para participar no certame.

O tema do traballo será libre sendo unicamente premitidos poemas orixinais e inéditos en lingua galega, e a súa extensión mínima será de 500 versos, e o premio deste certame poético é de 7000 euros, unha flor e un diploma.

Para participar, pódense enviar os traballos nun dos dous formatos: correo tradicional ou online, mediante un documento que se adxunta na páxina web do concello, a data límite é o 17 de xullo.

Poden consultarse as bases neste enlace
101137784_2690880681131252_2721682838029074432_o
0.19400811195374