Convocada unha nova edición do premio Hume de investigación
A asociación de Estudios Históricos e Sociais vén de convocar unha nova edición do premio Hume de investigación, a VI.
Como en anos anteriores, os temas da investigación versarán sobre aspectos históricos, artísticos, arquitectónicos, etnográficos e do patrimonio cultural do Concello das Pontes de García Rodríguez ou concellos colindantes.
O prazo de presentación de traballos xa está aberto e rematará o 30 de novembro e a entrega do premio será a primeiros do ano 2022.
Concederase un primeiro premio de 3.000 euros, un segundo premio de 1.500 euros e dous accesit de 200 euros. Os traballos presentados, sexan premiados ou non, poderán ser publicados na revista Hume e pasarán a formar parte do fondo documental da asociación.
Os traballos deberán ser entregados nun sobre pechado baixo pseudónimo ao seguinte enderezo: Secretaria da Asociación Hume, Apdo. Postal 106, 15320, As Pontes de García Rodríguez.