Convocada unha obra de teatro en Muras para este sábado

TerraChaXa
Será na Casa do Médico, ás 20.000 horas, organizada pola Asociación de Mulleres Rurais
recurso-teatro
21 Nov 2025

A Casa do Médico do Concello de Muras acollerá o sábado 22 de novembro de 2025, ás 20.00 horas, a representación teatral Bad Man. Un home malo. A actividade está organizada pola Asociación de Mulleres Rurais de Muras dentro do Circuíto de Teatro Profesional promovido pola área de Cultura da Deputación de Lugo.

A obra, posta en escena por A Compañía Solitaria do Sr. Monifate, presenta unha proposta teatral baseada nun personaxe enigmático e inquietante, cunha posta en escena que destaca polo seu impacto visual. A iniciativa forma parte da programación cultural do municipio para promover o acceso ao teatro e dinamizar a vida social e comunitaria.

⚙ Configurar cookies
0.076390027999878