Convocada unha praza para o servizo de prevención de drogas en Rábade

TerraChaXa | LugoXa
O Concello de Rábade vén de aprobar as bases para seleccionar a un técnico de prevención de drogodependencias en réxime de persoal laboral temporal.
14 Xan 2021

O Concello de Rábade vén de aprobar as bases para seleccionar a un técnico de prevención de drogodependencias en réxime de persoal laboral temporal. O contrato manterase ata o 30 de xuño de 2022.

As bases da convocatoria poden consultarse no taboleiro de anuncios do Concello rabadense e na súa páxina web. As persoas interesadas en optar a esta praza técnica, que se cubrirá polo sistema de acceso libre mediante concurso-oposición, teñen que estar en posesión do título de licenciado ou grao en Psicoloxía, Pedagoxía, Psicopedagoxía, Educación Social ou Traballo Social e ter formación específica en materia de prevención de drogodependencias ou outras condutas adictivas.

As solicitudes poden presentarse no prazo de 20 días hábiles contados dende o seguinte ao da data de publicación da convocatoria no BOP, que foi o venres 8 de xaneiro.

0.083375930786133