Convocada unha reunión dos veciños de Órrea para falar das obras

TerraChaXa
A Asociación de Veciños de Santa Comba da Órrea están convocados a unha reunión este martes, 20 de agosto, ás 17:00 horas no local social parroquial situado na escola da Travesa.
19 Ago 2019

A Asociación de Veciños de Santa Comba da Órrea están convocados a unha reunión este martes, 20 de agosto, ás 17:00 horas no local social parroquial situado na escola da Travesa.

Nesta reunión, representantes do bispado de Mondoñedo explicarán aos veciños en que consisten as obras, os prazos de execución, os traballos de desaloxo que se realizaron e algúns obxectos que foron atopados, entre eles unha figura do século XIII.

Tamén falarán da decisión de traslador o culto mentres duren as obras ao local socia e doutras necesidades que ten a igrexa.

Por outra banda, a asociación renovou a súa Xunta Directiva que preside Hilda Murado Linares, acompañada de Carlos Costa García. Foi elexido tesoureiro Dionisio Linares Lejo e secretario Francisco Manuel Veiga García. Finalmente quedaron designados vogais José Ángel Veiga Neira, Ángeles López Lozano, Purificación Pol Fernández, Alberto Fernández Gómez, Rubén Costa García, Manuel Otero Cancio, Gumersindo Gómez Couso e Luis Fernández Fernández.

0.1725811958313