Convocada unha reunión informativa en Guitiriz sobre o parque eólico de Satrebares
TerraChaXa
Será este mércores 29, ás 21.00 horas, na Casa Habanera
28 Jan 2025
O Concello de Guitiriz convoca unha reunión para informar á veciñanza sobre o parque eólico Satrebares.
Este encontro informativo, no que estará presente unha consultoría especializada, terá lugar este mércores 29, ás 21:00 horas, na Casa Habanera.
O Concello pon a disposición da veciñanza os servizos desta consultoría co obxectivo de dar a coñecer as afeccións a particulares que provoca este proxecto e ofrecer asesoramento para formular as diferentes alegacións agora que está aberto o prazo.
O novo proxecto eólico afecta principalmente a Labrada, O Buriz, Os Vilares, Santa Mariña e San Xoán de Lagostelle.
Rematado o traballo da consultoría, realizarase unha nova reunión para explicar os resultados á veciñanza.