Convocadas as axudas para a rehabilitación na zona ARI de Vilalba

TerraChaXa
Porán a disposición dos veciños e propietarios que desexen actuar ata 450.364 euros, no marco do Plan Estatal de Vivenda 18/21
concurso-vilalba-aberta-peonalizacion-praza-santa-maria
20 Feb 2025

O tenente de alcalde e responsable de Urbanismo Modesto Renda anunciou a publicación das bases reguladoras da convocatoria de subvencións para a Área de Rehabilitación Integral (ARI). Unha liña de axudas, que porá a disposición dos veciños e propietarios que desexen rehabilitar ata 450.364 euros, no marco do Plan Estatal de Vivenda 18/21.

Estas agardadas achegas proveñen das administracións Estatal e Autonómica e o propio Concello de Vilalba, máis alá da súa tramitación, contribúe tamén en termos de financiamento coa exención dos tributos e as taxas municipais en materia de título habilitante de obras.

Existen dúas liñas de subvención, por unha banda a mellora da eficiencia enerxética das vivendas e sustentabilidade das mesmas e pola outra a conservación, seguridade de utilización da accesibilidade das vivendas.

O prazo para a presentación de solicitudes será de un mes dende o día seguinte á súa publicación no BOP, isto é ata o 30 de xuño de 2025, dacordo co fixado polo IGVS (Instituto Galego de Vivenda e Solo).

Para saber máis acerca dos requisitos; actuacións subvencionables, beneficiarios/as potenciais, así como sobor do financiamento ao detalle, consulta as bases reguladoras neste enlace.

0.17011094093323