Convocadas as axudas para os estudantes de Xove

TerraChaXa | AMariñaXa
Hai uns días, concretamente o 20 de maio, foron aprobadas, un ano mais, as bases reguladoras da concesión das Axudas ao Estudio do Concello de Xove, nas modalidades de comedor, estancia e deprazamento para o exercicio 2019.
29 Maio 2019

Hai uns días, concretamente o 20 de maio, foron aprobadas, un ano mais, as bases reguladoras da concesión das Axudas ao Estudio do Concello de Xove, nas modalidades de comedor, estancia e deprazamento para o exercicio 2019.
As axudas de comedor para estudantes de ensinos en centros públicos da comarca da mariña que precisen comer fóra de Xove a causa dos seus horarios, cando ditos estudos non sexan impartidos nos centros de ensino do Concello serán de 240 euros cada unha.
As axudas de estancia serán para estudantes universitarios en universidades españolas, estudantes de ciclos formativos que non existan na comarca e estudantes de ensinos artísticos, profesionais e superiores e de ensinos deportivos, profesionais e superiores. Estas axudas serán de 250 euros cada unha.
As axudas de desprazamento son para estudantes que cursen Bacharelato ou ciclos formativos existentes en San Cibrao, Viveiro ou Burela, cando ditos estudos non sexan impartidos nos centros de ensino do Concello de Xove e cando o seu horario escolar non sexa compatible co bus escolar municipal e serán por un importe de 300 euros cada unha.
As axudas para estudantes de ciclos formativos en centros da Mariña Lucense, agás os recollidos no punto anterior terán 300 euros cada unha.
As de estudantes de ciclos formativos que non existan na comarca, para os estudantes de ensinos artísticos, profesionais e superiores e de ensinos deportivos, profesionais e superiores, e para estudantes universitarios en universidades españolas serán de 150 euros cada unha.
Para o acceso a estas axudas terase en conta o previsto nas bases sobre a rende per cápita familiar, na que se engloban os ingresos de todos os membros da unidade de convivencia. Outro requisito importante é que para acceder a estas axudas haberá que estar empadronado e ter residencia efectiva do núcleo familiar no Concello de Xove.
Por último, decir que o prazo de presentación de solicitudes abarcará desde o 17 de xuño ata o 8 de xullo, ámbolos dous días incluídos.

0.091761112213135