Convocadas as festas na honra á Virxe das Dores en San Mamede de Nodar

LugoXa | TerraChaXa
O domingo 14 volverá celebrarse a misa ás 13:30 horas, seguida dunha sesión vermú a cargo do dúo La Gira, que porá o broche final ás celebracións
fogos-artificiais-festas
10 Sep 2025

A parroquia de San Mamede de Nodar celebrará os días 13 e 14 de setembro de 2025 as súas tradicionais festas na honra á Virxe das Dores cun programa cheo de música e actividades.

O sábado 13 os actos relixiosos comezarán cunha misa solemne ás 13:30 horas. A continuación terá lugar a sesión vermú amenizada polo grupo D’Kriss. Xa pola noite, a verbena contará coa actuación do mesmo grupo acompañado dun DJ, garantindo unha velada festiva para veciños e visitantes.

O domingo 14 volverá celebrarse a misa ás 13:30 horas, seguida dunha sesión vermú a cargo do dúo La Gira, que porá o broche final ás celebracións.

A organización dispón dun campo cuberto con carpa para asegurar o bo desenvolvemento das festas independentemente das condicións meteorolóxicas.

⚙ Configurar cookies
0.16294693946838