Convocadas en Begonte as axudas a escolares para o transporte

TerraChaXa
O Concello de Begonte abriu o prazo para solicitar axudas de escolarización e transporte escolar para o curso 2019- 2020.
98920547_2525978520995867_6004612803795615744_n
27 Maio 2020

O Concello de Begonte abriu o prazo para solicitar axudas de escolarización e transporte escolar para o curso 2019- 2020.

Os interesados en recibir este apoio económico poden presentar a súa solicitude ata o 19 de xuño nas oficinas municipais ou na súa sede electrónica. As axudas para material escolar estarán destinadas aos alumnos dos colexios de Begonte e de Baamonde, os de infantil e primaria de Saavedra e Uriz escolarizados en Rábade e os empadroados en Begonte que cursen a Iso no IES rabadense ou noutro centro público ou concertado.

A contía máxima a percibir será de 120 euros. En canto ao transporte escolar, os beneficiarios serán todos aqueles alumnos de bacharelato, Formación Profesional ou universidade censados en Begonte que non dispoñan de transporte gratuíto e cunha renda familiar inferior a 12.000 euros anuais. Poderán recibir ata 100 euros os que percorran menos de 50 quilómetros e ata 200 euros os que superen esa distancia.

0.14228200912476