Convocado de novo o concurso de fotografía da muller rural na Pastoriza
Por tecer ano consecutivo, co gallo do Día Internacional da Muller Rural, dende a Área de Muller e Igualdade do Concello da Pastoriza, apóstase por visibilizar a través da fotografía as mulleres rurais, as deste concello, polo que volve a convocar o o concurso Muller Rural da Pastoriza.
Tal e como destacou a concelleira de área, Elva Carrera, “cremos de xeito firme, que socialmente temos a obriga de recoñecer a contribución das mulleres rurais ao desenvolvemento; unha labor moitas veces invisible (e invisilizada), pero que sen a súa contribución, sería imposible o mantemento dos nosos pobos. Defender o seu papel non só supón reivindicar a igualdade, tamén implica defender a sostibilidade, a vida nas aldeas e a actividade económica. Reivindicar o papel da muller rural é sinónimo de defender o progreso, o emprendemento, a igualdade, a innovación, o sacrificio, a diversidade, a xenerosidade... Por todo elo, queremos dedicarlles un agarimo".
No concurso pode enviar calquera persoa sen importar o seu lugar de orixe e a temática consiste en imaxes de mulleres rurais do Concello no seu lugar de traballo, labores diarias, de temática libre. Como o ano pasado, a fotografía enviarase ao enderezo electrónico creado para a ocasión: concursofotografiapastoriza@gmail.com; colocándolle un título para a fotografía e poñendo a parroquia de orixe da fotografía onde foi feita.
As fotografías poden enviarse ata o 10 de outubro e o día 11 publicaranse e poderán votarse dándolle a “me gusta” ata o día 15.