Convocado en Begonte un curso de cultivo de setas Shiitake

O Concello de Begonte organiza un curso práctico de cultivo de setas shiitake, que terá lugar o sábado 18 de outubro ás 10:00 horas na Aula da Natureza do municipio. A actividade conta con 20 prazas dispoñibles, que se cubrirán por orde de inscrición, dando preferencia ás persoas empadroadas no concello.
Durante o obradoiro, as persoas participantes aprenderán as técnicas básicas para o cultivo desta variedade de cogomelo e, ao rematar, poderán levar para a casa o seu propio tronco inoculado, co que continuar o proceso de produción de maneira autónoma.
A inscrición e máis información poden solicitarse a través do correo electrónico aulanaturezaconcellodebegonte@gmail.com ou nos teléfonos 618 70 94 73 e 982 39 61 43.
Con esta iniciativa, o Concello de Begonte continúa impulsando accións formativas que fomentan o contacto coa natureza e promoven un futuro máis sostible e respectuoso co medio ambiente.