Convocado en Begonte un curso sobre cultivo de especies arbóreas

TerraChaXa
O obxectivo principal do curso é capacitar ás persoas participantes na elección das especies máis axeitadas, no emprego de técnicas de manexo ecolóxico e na avaliación da rendibilidade dos cultivos
curso-cultivo-especies-arboreas
22 Oct 2025

O vindeiro sábado 25 de outubro, ás 10:00 horas, a Aula da Natureza do Concello de Begonte será o escenario dun curso dedicado ao Cultivo de especies arbóreas froiteiras. A actividade, que conta cun máximo de vinte prazas dispoñibles por orde de inscrición e preferencia para persoas empadroadas, ofrecerá formación práctica sobre o establecemento e manexo sostible de froiteiras adaptados ao clima húmido da zona.

O obxectivo principal do curso é capacitar ás persoas participantes na elección das especies máis axeitadas, no emprego de técnicas de manexo ecolóxico e na avaliación da rendibilidade dos cultivos. Ademais, a iniciativa promove o respecto polo medio ambiente e o aproveitamento racional dos recursos locais, contribuíndo á posta en valor do territorio e á innovación agroforestal.

Esta proposta insírese dentro das accións impulsadas na Reserva da Biosfera Terras do Miño para fomentar actividades sostibles que fortalezan o desenvolvemento rural.

As persoas interesadas poden obter máis información e formalizar a súa inscrición a través do correo electrónico aulanaturezaconcellodebegonte@gmail.com ou nos teléfonos 618 70 94 73 e 982 39 61 43.

⚙ Configurar cookies
0.067564010620117