Convocado en Bretoña un obradoiro sobre uso de apps móbiles nos maiores

TerraChaXa
Haberá dúas sesións, o día 23 e o 30 de outubro no Teleclube
taller-apps-mobiles-maiores-pastoriza
22 Out 2024

O próximo 23 e 30 de outubro de 2024 terá lugar en Bretoña un taller de uso de apps móbiles para maiores, organizado baixo o nome de ExpertClick. O evento desenvolverase no Teleclube de Bretoña e está destinado a mellorar as competencias dixitais das persoas maiores, facilitándolles o uso de aplicacións móbiles.

O taller está dividido en dúas sesións de dúas horas cada unha. A primeira será o 23, de 16:00 a 18:00 horas e a segunda, o 30 de outubro, tamén de 16:00 a 18:00 horas.

Os participantes traballarán en dous módulos principais. No primeiro tratarán sobre ferramentas de ocio creativo e comunicación, para fomentar o uso lúdico e social dos dispositivos móbiles. E na segunda sobre ferramentas para realizar trámites de xestión administrativa e compras seguras na rede, co obxectivo de dotar de confianza e seguridade aos usuarios nos seus trámites dixitais.

Este taller está organizado en colaboración co Concello da Pastoriza, CiberVoluntarios.org, a Fundación AEB e outras entidades que buscan fomentar a inclusión tecnolóxica.

As persoas interesadas en participar poden inscribirse chamando aos teléfonos 982 332 197 ou 629 534 793.

0.18942618370056