Convocado en Guitiriz o torneo de ximnasia rítmica Terra Chá

TerraChaXa
A cita será no pavillón Jonathan Carro Paz ás 11:00 horas
torneo-ximnasia-ritmica
10 May 2025

Este domingo, 11 de maio, celebrarase en Guitiriz o Torneo Terra Chá de ximnasia rítmica, organizado polo Club Violeta coa colaboración do Concello.

Participarán as escolas deportivas dos concellos da comarca, como as de Guitiriz, Vilalba, Begonte, Rábade, Castro de Rei, Castro Ribeiras de Lea, Outeiro de Rei e Cospeito.

A cita será no pavillón Jonathan Carro Paz a partir das 11:00 horas.

⚙ Configurar cookies
0.16541504859924