Convocado en Guitiriz un torneo de ximnasia rítmica este domingo

TerraChaXa
A cita será no pavillón Jonathan Carro Paz ás 17:00 horas
torneo-ximnasia-guitiriz
5 Out 2024

Este domingo, 6 de outubro, celebrarase e Guitiriz o Torneo Concello de Guitiriz de ximnasia rítmica, organizado polo Club Violeta coa colaboración do Concello.

Participarán 12 clubs diferentes, entre os que se atopa, ademais do anfitrión, O Porta Norte, Treboada, Vilarousa, Biqueira, Porriño, Viravolta, Pavillón, Puntus, Saraiba, Compostela e Milenium.

A cita será no pavillón Jonathan Carro Paz ás 17:00 horas.

0.18694591522217