Convocado en Noche o primeiro concurso de postais de Nadal

TerraChaXa
A RC Nausti convoca o I Certame de Postais de Nadal, no que están invitados a participar os nenos e nenas de Noche ou con familiares.
nadal papa noel
11 Dec 2022

A asociación RC Nausti convoca o I Certame de Postais de Nadal, no que están invitados a participar os nenos e nenas da parroquia de Noche así como aqueles que teñen familiares na localidade.

Establécense tres categorías, de 3 a 5 anos, de 6  a 8 e de 9 a 12 dándose especial relevancia a aqueles que fagan referencia a recunchos da parroquia.

O prazo para presentar o traballo, que deberá facerse nun DIN A5 (medio folio) remata o 18 de decembro. Para entregalos estará aberta a escola de Noche o día 18 de 11 a 1 da tarde.

Haberá tres premios en cada categoría con material didáctico como agasallos.

Os debuxos participantes formarán parte dunha exposición que poderá visitarse o 23 de 17.00 a 19.00 horas e o 6 de xaneiro de 11.00 a 12.00. A entrega de premios será o propio día de Reis ao remate da mostra.

0.20167803764343