Convocado na Aula CeMIT de Guitiriz un obradoiro de programación e robótica para nenos

TerraChaXa
As inscricións estarán abertas ata o 2 de setembro, é de balde e conta con prazas limitadas
obradoiro-guitiriz
21 Aug 2025

A Aula CeMIT do Concello de Guitiriz acollerá un obradoiro de programación e robótica o próximo 5 de setembro en horario de 10:00 a 14:00 horas. Está dirixido á cativada de entre 8 e 12 anos e busca fomentar un uso creativo e crítico da tecnoloxía entre a rapazada.

O obradoiro é completamente de balde, pero conta con prazas limitadas a 12 usuarios, polo que será preciso realizar unha inscrición previa. Estas poderanse formalizar ata o 2 de setembro na propia Aula CeMIT, na Biblioteca Pública Municipal ou chamando por teléfono ao 982 37 00 62, onde tamén se pode solicitar máis información. As prazas asignaranse por orde de inscrición.

Neste taller, que forma parte do programa ‘Girl Steam’, impartiranse coñecementos relacionados coa iniciación á robótica e a programación de autómatas. Constará de varias actividades, como a creación e a posta en funcionamento de autómatas de cartón a través dun motor programable partindo do kit de robótica, a creación dunha escenografía móbil nunha caixa de sombras ou a gravación dun vídeo que incluirá os autómatas creados na primeira actividade.

⚙ Configurar cookies
0.16127610206604