Convocado na Pastoriza o segundo torneo de pádel para finais de xuño
TerraChaXa
Esta cita repítese a petición popular e polo éxito que tivo a primeira edición
Cartel do evento
28 Maio 2024
A Asociación de Empresarios e Comerciantes da Pastoriza, Asapa, vén de convocar o II Torneo de Pádel A Pastoriza, que se desenvolverá os días 21, 22 e 23 de xuño na pista de pádel da localidade, ao carón do pavillón de deportes.
O prazo de inscrición xa está aberto e esta pode facerse nos teléfonos 625 065 197 ou no 659 555 176. A organización seguirá as normas da primeira sesión, na que houbo dúas categorías, masculina e feminina, e unha limitación de 12 parellas en cada unha.
Esta cita repítese a petición popular e polo éxito que tivo a primeira edición.