Convocado nas Pontes un concurso de curtametraxes para a mocidade
O concello das Pontes, a través da concellería de Mocidade, convoca a primeira edición do concurso de curtametraxes As Pontes encurta co obxectivo permitir á mocidade da vila adentrase no xénero cinematográfico da curtametraxe, fomentando a súa creatividade.
Tania Pardo, responsable a área apunta que “este certame constitúe unha gran oportunidade para que as rapaces e rapaces da vila experimenten e indaguen neste ámbito creativo, coñezan, de primeira man, o mundo da creación audiovisual, un sector en auxe, na procura sempre de talento e bo facer”.
O concurso estará dividido en dous apartados, un destinado a toda a mocidade galega, con idades comprendidas entre os 12 e os 30 anos, e un segundo apartado destinado exclusivamente á mocidade das Pontes, con idades entre os 12 e os 30 anos.
No caso da primeira categoría a temática das curtametraxes será aberta mentes que na segunda categoría as obras deberán ter unha temática relacionada coa vila das Pontes e, como mínimo, unha das persoas integrantes do equipo de traballo da curta, deberá estar inscrita nos obradoiros audiovisuais que se organizarán ao abeiro do certame As Pontes encurta.
As curtas, de dez minutos como máximo de duración, deberán ser inéditas, no premiadas con anterioridade e a súa produción non poderá ser anterior a 2019, estando permitidos todo tipo de xéneros e modalidades sendo obrigatorio presentar a peza audiovisual en lingua galega.
O xurado, composto por profesionais do mundo académico e do sector audiovisual, concederá 750 euros premios para as mellores pezas, un premio para a mellor creación galega e dous premios para as curtas realizadas para a mocidade das Pontes.
Para participar será imprescindible encher o formulario de inscrición entregando unha copia, en formato dixital ou unha ligazón, da obra que se presenta ao certame xunto cunha ficha técnica e sinopse da peza audiovisual a través da seguinte ligazón https://r3visualproduce.com/as-pontes-encurta/concurso-curtametraxes/.
O prazo para presentar as obras finaliza o 10 de xullo de 2022 e as bases do concurso poden consultarse na páxina web https://r3visualproduce.com/as-pontes-encurta/concurso-curtametraxes/
TALLERES AUDIOVISUAIS NO ÁMBITO DO CONCURSO
Ao abeiro do concurso, durante o mes de xullo, levaranse a cabo cinco obradoiros de creación audiovisual na que os rapaces e rapazas participantes poderán coñecer a tecnoloxía fotográfica dixital e aplicala no manexo do equipo fotográfico, así mesmo poderán editar as súas composicións audiovisuais e coñecer de primeira man o programa profesional Premier Pro.
O alumando tamén aprenderá a utilizar un simulador oficial de drons Dji que permitirá ás/aos futuros pilotos habituarse aos controis da emisora e ao manexo dun dron, de forma moi parecida á realidade. Tamén se achegarán á fotogrametría 3D para coñecer as posibilidades que ofrece a fusión entre drons e deseño 3D.
Haberá un taller de alternativas audiovisuais onde o alumando coñecerá que posibilidades ten á hora de elixir o tipo de obras que se poden realizar (documentais, publicidade, libre creación, reportaxe social, autocrítica, etc) e finalmente, no taller de locución aprenderán os diferentes rexistros de locucións existentes.
A rapazada, con idades comprendidas entre os 12 e os 30 anos, interesada en participar nestes obradoiros pode inscribirse na Biblioteca Municipal. Toda a información sobre os talleres pode consultarse en https://r3visualproduce.com/as-pontes-encurta/talleres-audiovisuais/