Convocado o certame de poesía do Belén de Begonte

TerraChaXa
O Centro Cultural de Begonte convocará un ano máis unha serie de certames culturais paralelos á programación do Belén de Begonte, que abrirá as súas portas o día 2 de decembro e que se manterá ata finais de xaneiro.
concurso poesia belen begonte
14 Nov 2023

O Centro Cultural de Begonte convocará un ano máis unha serie de certames culturais paralelos á programación do Belén de Begonte, que abrirá as súas portas o día 2 de decembro e que se manterá ata finais de xaneiro.

Xa está aberto o prazo de participación na especialidade de poesía sobre o Nadal, no que poderán participar todos os poetas que o desexen con textos en galego e en castelán, valorándose especialmente os que fagan referencia ao Belén e non hai limitación na medida dos versos nin no tipo de construción.

O premio estará dotado con 600 euros e estatuíña de Sargadelos e haberá tamén un segundo, que recibirá 300 euros e estatuíña. O prazo de presentación, que será en sobre pechado, remata o 6 de xaneiro.

A remisión de orixinais farase ao correo electrónico info@belendebegonte.es, en dous arquivos: Un, co traballo poético a concurso, e outro, identificado como Plica, co título do traballo, no que figurarán os datos personais do/a autor/a, que só será aberto no caso de resultar premiado o traballo con algún dos premios instituídos ou coas mencións que, no seu caso, acorde conceder o xurado.

Quen desexe entregar persoalmente o seu traballo, ou remitilo por correo certificado, pode facelo ao Centro Cultural.

0.13788199424744