Convocado o concurso das Letras Galegas na biblioteca de Xermade
TerraChaXa
A biblioteca de Xermade vén de convocar unha nova edición do concurso de narración e debuxo infantil Letras Galegas 2019 que nesta ocasión versarán sobre o tema xenérico de A revolución do cambio climático.
28 Abr 2019

Como en edicións anteriores, haberá tres categorías (menores de 8 anos, de 9 a 11 e de 12 a 16 anos) e cada autor poderá presentar todos os traballos que desexe.
O prazo de presentación remata o 8 de maio e os gañadores deste certame local pasarán a unha fase provincial, convocada pola biblioteca Nodal de Lugo.