Convocado para o 21 o Memorial Eduardo Fernández Villamarín

TerraChaXa | LugoXa
O sábado 21 de xaneiro ás 17.
14 Xan 2023

O sábado 21 de xaneiro ás 17.00 darase a saída ao XX Memorial de Atletismo Eduardo Fernández Villamarín, Negrín que se desenvolverá ao ao redor da Praza de España de Rábade.

Ás 17.00 dará comezo a carreira absoluta para percorrer sete quilómetros seguindo o percorrido Praza de España, Alcalde Ángel Penas, Lope de Vega, Jesús Arias, Santa María, Gabriela Nieto, Dr Fleming, Avenida Galicia, Rosalía de Castro, Rúa do Ferrocarril, Avenida de Galicia, Fernando Arias e Praza de España.

Pero previamente terán a súa saída os catro grupos de menores. Os máis pequenos farano ás 16.30 e irán escalonados cada cinco minutos. Os percorridos nestas categorías irán entre os 80 e os 1.800 metros.

Os tres primeiros clasificados de cada categoría terán premio e ademais, haberá un trofeo, denominado tamén Eduardo Fernández Villamarín, que se entregará ao equipo que conte con máis participantes que rematen a carreira, así como distincións para o primeiro e primeira corredores rabadenses clasificados na proba absoluta.

Os pequenos recibirán de premio vales para a compra de material deportivo e os adultos premios que oscilan entre os 350 euros para o primeiro e 150 do terceiro, tanto na categoría masculina como feminina.

Ademais, os primeiros participantes da proba absoluta que crucen en primeira posición o sprint intermedio situado ao final da primeira volta e rematen entre os 10 primeiros da clasificación xeral agasallaráselles cun dorsal para a 56 Behobia – San Sebastián, por cortesía de Viajes Almar – JAVO.

Para poder participar é necesario inscribirse antes do 19 de xaneiro na web de memorialnegrin.gal.

Eduardo Fernández Villamarín, Negrín, foi un dos fundadores da Sociedade Atlética Rabadense e gran impulsor do deporte na vila e na provincia, e cuxo nome tamén acompaña ao polideportivo municipal.

0.17686986923218