Convocado para o domingo o Festival de Habaneas e Polifonía de Meira

TerraChaXa
A cita contará coa participación de tres destacadas formacións corais: a Coral Airiños do Miño de Meira, o Coro Samertolameu de Moaña e a Coral Eumesa
festival-habaneras-meira
6 Aug 2025

O vindeiro domingo 10 de agosto, a Praza do Convento de Meira converterase no escenario do Festival de Habaneras e Polifonía de Meira 2025, un encontro musical que promete encher a vila de emocións e melodías mariñeiras a partir das 19:30 horas.

A cita contará coa participación de tres destacadas formacións corais: a Coral Airiños do Miño de Meira, o Coro Samertolameu de Moaña e a Coral Eumesa, que ofrecerán un repertorio cheo de harmonías e tradición.

Este evento, que xa se consolida como unha das citas culturais do verán en Meira, ofrece unha oportunidade única para desfrutar da música en directo nun espazo emblemático, fomentando ao mesmo tempo o encontro entre distintas agrupacións corais galegas.

Desde a organización convidan a toda a veciñanza e visitantes a achegarse e vivir unha noite máxica, onde a música e a cultura serán as auténticas protagonistas.

⚙ Configurar cookies
0.15601396560669