Convocado para o próximo mércores o pleno de organización en Vilalba

TerraChaXa
Convocatoria do pleno extraordinario de organización da nova corporación municipal, o próximo mércores 26 de xullo.
equipo goberno vilalba
20 Xul 2023

O Concello de Vilalba informa aos seus veciños e veciñas da convocatoria por parte da alcaldesa, Elba Veleiro, do pleno extraordinario de organización da nova corporación municipal, o próximo mércores 26 de xullo ás 16:30 horas.

A sesión plenaria servirá para aprobar, se procede, a proposta de Alcaldía referente á periodicidade das sesións da Xunta de Goberno Local e á delegación de competencias neste órgano colexiado; a periodicidade das sesións plenarias, e a creación das diferentes comisións.

Tamén se debatirá a asignación económica dos grupos políticos municipais; a relación de cargos electos con dedicacións atribuídas, e os festivos locais para o ano 2024, entre outros asuntos.

A sesión celebrarase no salón de plenos do concello, pero poderase seguir como sempre no canal de YouToube do Concello de Vilalba.

0.08646297454834