Convocado por primeira vez un xogador pontés para a selección galega de rugby

TerraChaXa
O xogador pontés Anxo Soto Díaz convocado coa Selección Galega M14 para o Campeonato de España de Seleccións Autonómicas.
anxo soto diaz rugby fendetestas portada
18 Mar 2022

O xogador de rugby pontés Anxo Soto Díaz vén de ser convocado coa Selección Galega M14 para participar no Campionato de España de Seleccións Autonómicas.

O xogador do Alvac CR Fendetestas viaxará a Cullera (Valencia) co equipo galego, onde disputará o campionato estatal de rugby.

Esta é a primeira vez que un xogador do clube pontés é convocado para disputar unha competición oficial nesta categoría, o que dá mostra da boa saúde da que goza a canteira do rugby na vila.

0.19250798225403