Convocado un curso de elaboración de pan e empanadas en Pol

Pol
TerraChaXa | LugoXa
Casa Chaín, na parroquia de Cirio, acollerá un curso de elaboración de pan e empanadas en forno de leña o próximo sábado, 13 de abril.
curso empanadas pol
9 Apr 2024

Casa Chaín, na parroquia de Cirio, acollerá un curso de elaboración de pan e empanadas en forno de leña o próximo sábado, 13 de abril.

Trátase dunha actividade para a que xa está aberto o prazo de inscrición e que comezará ás 10.00 horas co amasado, para seguir, ás 12.00 horas co roxado do forno. Ás 13.00 meterase o pan e as empanadas no forno e mentres se espera tomarase un aperitivo.

Pecharase a sesión co degustación das empanadas e o pan xunto a outros produtos, acompañado de viño da terra e café. A inscrición pode realizarse no whatsapp 655 359 305.

Tamén en Casa Chaín haberá un taller de decoración en inglés de gallegas, unha actividade familiar que se desenvolverá o 20 de abril, tamén sábado para o que as prazas son limitadas. As reservas poden facerse no mesmo núnero.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17599701881409