Convocado un curso de manualidades e restauración en Vilapedre e Lanzós

TerraChaXa
A actividade comezará o xoves 4 de decembro e desenvolverase na Casa da Escola de Lanzós en horario de 17.00 a 19.00 horas
curso-de-manualidades-e-restauracion-lanzos
1 Dec 2025

O Concello de Vilalba pon en marcha un curso gratuíto de manualidades e restauración dirixido ás parroquias de Vilapedre e Lanzós. A actividade comezará o xoves 4 de decembro e desenvolverase na Casa da Escola de Lanzós en horario de 17.00 a 19.00 horas. Cada grupo contará cun máximo de dez participantes, co obxectivo de garantir unha aprendizaxe personalizada e adaptada ao ritmo de cada persoa.

A iniciativa está organizada polo Concello de Vilalba en colaboración coa Asociación de Veciños de Vilapedre e Asvela, que impulsan este tipo de obradoiros para promover a creatividade, a recuperación de mobiliario e o fomento das relacións veciñais.

⚙ Configurar cookies
0.070582866668701