Convocado un curso de poda de árbores froiteiras en Begonte

TerraChaXa
A formación levarase a cabo o mércores 9 e o venres 11 de abril de 2025 en horario de 16.00 a 20.00 horas
curso-de-poda-de-froiteiras-en-begonte
31 Mar 2025

O Concello de Begonte, en colaboración coa Reserva da Biosfera Terras do Miño, organiza un curso gratuíto de poda de árbores froiteiras.

A formación levarase a cabo o mércores 9 e o venres 11 de abril de 2025 en horario de 16.00 a 20.00 horas (ámbolos dous días) na Aula da Natureza (situada ó lado do Centro Médico de Begonte).

As prazas son limitadas, polo que se deberá realizar a inscrición antes do martes día 1 de abril, ben presencialmente nas oficinas do Concello de Begonte (de 9.00 a 14.30 horas) ou por teléfono no 982 39 61 43.

⚙ Configurar cookies
0.043267011642456