Convocado un curso sobre relacións e socialización en nenos, nenas e adolescentes en Begonte

O Concello de Begonte, en colaboración coa Asociación de Familias e Mulleres do Medio Rural (Afammer), organiza un curso gratuíto dirixido a familias co obxectivo de proporcionar ferramentas útiles para favorecer o desenvolvemento de relacións saudables nos seus fillos e fillas, mellorar a súa socialización e previr situacións de illamento ou acoso escolar.
A actividade terá lugar o luns 26 de maio, en horario de 16:00 a 22:00 horas (aproximadamente), na Casa da Cultura de Begonte.
Este curso está pensado para pais, nais e titores/as legais interesados en adquirir coñecementos e habilidades que lles permitan apoiar aos menores na súa vida social e emocional dun xeito máis efectivo.
As prazas son limitadas, polo que se recomenda facer a inscrición ao longo desta semana no Concello de Begonte ou a través do teléfono 982 39 61 43.