Convocado un obradoiro de igualdade para este luns en Xermade

TerraChaXa
O acto de entrega dos premios Xermadeando pola Igualdade terá lugar o luns 30 de xuño ás 16:45 horas na Biblioteca
obradoiro-creando-igualdade
29 Jun 2025

O obradoiro infantil Creando Igualdade impartido por Marisa Irimia terá lugar o luns 30 de xuño ás 17:00 na Biblioteca Municipal de Xermade. Trátase dunha actividade na que, mediante a creatividade e a través do xogo e diferentes recursos plásticos, se explorará dun xeito lúdico un territorio de reivindicación da figura da muller.

Mulleres na arte, na ciencia, no deporte e en diferentes profesións, mulleres que abriron e abren camiño cara a unha sociedade máis igualitaria, que contribúen cos seus coñecementos a crear unha sociedade mellor, prestaranse a xogar connosco dándose a coñecer.

Ás 16:45 terá lugar a entrega dos premios do II Certame Xermadeando pola Igualdade. Na categoría A, o primeiro premio, dotado cun vale de 50 euros, foi para Yago Cendán Pico. O segundo premio, de 30 euros, recaeu en Mara Piñeiro Campo, mentres que o terceiro premio, con 25 euros, foi para Sergio Bellas Martínez.

Na categoría B, o xurado outorgou o primeiro premio, valorado en 75 euros, a Elena Gato Ares. O segundo premio, cun vale de 55 euros, foi para Asier Cabarcos Balsa, e o terceiro premio, de 40 euros, para Ana Hormeño Carballeira.

Na categoría C, Raúl Pérez Amarelo obtivo o primeiro premio (75 euros), seguido por Martina Fernández Salgado cun segundo premio de 55 euros, e Anastasia Arribas Vega co terceiro premio, valorado en 40 euros.

O acto de entrega de premios terá lugar o luns 30 de xuño ás 16:45 horas na Biblioteca de Xermade. Desde o Concello felicitan a todos os participantes pola súa implicación e creatividade.

⚙ Configurar cookies
0.16209006309509