Convocado un obradoiro de primeiros auxilios en Castro de Rei

LugoXa | TerraChaXa
A formación terá lugar o luns 31 de marzo na antiga escola de Pacios, no Covelo
curso-primeiros-auxilios-pacios
15 Mar 2025

O servizo de prevención de condutas aditivas da agrupación de Concellos de Begonte, Castro de Rei, Friol, Outeiro de Rei e Rábade organiza un obradoiro de primeiros auxilios dirixido á poboación en xeral. A formación terá lugar o luns 31 de marzo na antiga escola de Pacios, no Covelo, en horario de 16:30 a 20:30 horas. O curso será impartido pola Escola Galega de Saúde a través de persoal especializado do 061.

O obxectivo desta formación é dotar aos asistentes de coñecementos básicos sobre a atención en situacións de urxencia, así como aclarar dúbidas relacionadas cos primeiros auxilios. O programa inclúe o manexo inicial en casos de traumatismos, feridas, hemorraxias, convulsións, crises epilépticas, dificultades respiratorias, dor torácico, queimaduras, síncope, hipoglucemias, reaccións alérxicas, intoxicacións e reanimación cardiopulmonar básica en adultos e nenos, incluíndo técnicas para actuar ante un atrogoamento ou recoñecer unha parada cardiorrespiratoria.

A formación será impartida por Marta Fernández López, DUE asistencial da Base de Lugo e FPUS 061 Galicia. As persoas interesadas poderán inscribirse ata o 24 de marzo a través da web da Escola Galega de Saúde, enviando un correo a prevenciondrogas@rabade.org cos seus datos persoais ou cubrindo neste enlace.

⚙ Configurar cookies
0.41053199768066