Convocan a cuarta edición da Liga de Pádel de Begonte

TerraChaXa
As parellas interesadas deberán inscribirse antes do 4 de outubro no Concello de Begonte
liga-de-padel-de-begonte
22 Sep 2025

O Concello de Begonte pon en marcha a cuarta edición da Liga de Pádel de categoría única para parellas masculinas, femininas ou mixtas.

Esta competición alongarase durante todo o mes de outubro para rematar sobre o mes de xuño. A relación de partidos dependerá do número de parellas inscritas.

A inscrición ten un prezo de 20 euros por parella, cota que non inclúe o alugueiro da pista para os partidos. Todos os participantes serán marcados como socios da pista de pádel ata xuño de 2026, o que vén acompañado dun desconto en todas as súas reservas futuras, sexan ou non para esta liga.

A competición consistirá nun partido semanal datado de mutuo acordo coas parellas. Ademais, estes poderán seguir resultados e calendarios en formato online.

As parellas interesadas deberán inscribirse antes do 4 de outubro no Concello de Begonte, a través do correo deportes@concellodebegonte.es, o whatsapp 619 455 026 ou no teléfono 982 396 143.

⚙ Configurar cookies
0.10229897499084