Convocan a segunda edición da Liga de Pádel de Begonte
O Concello de Begonte pon en marcha a segunda edición da Liga de Pádel de categoría única para parellas masculinas, femininas ou mixtas.
Esta competición alongarase durante todo o mes de outubro para rematar sobre o mes de xuño. A relación de partidos dependerá do número de parellas inscritas.
A inscrición ten un prezo de 20 euros por parella, cota que non inclúe o alugueiro da pista para os partidos. Todos os participantes serán marcados como socios da pista de pádel ata xuño de 2024, o que vén acompañado dun desconto en todas as súas reservas futuras, sexan ou non para esta liga.
A competición consistirá nun partido semanal datado de mutuo acordo coas parellas. Ademais, estes poderán seguir resultados e calendarios en formato online.
As parellas interesadas deberán inscribirse antes do 6 de outubro no Concello de Begonte, a través do correo deportes@concellodebegonte.es, o whatsapp 619 455 026 ou no teléfono 982 396 143.