Convocan a última etapa da peregrinación a Santiago dende Xermade para o 4

TerraChaXa
O Concello de Xermade promove e organiza a ruta a pé desde Xermade ata Santiago de Compostela en distintas etapas.
RUTA XACOBEA XERMADE SANTIAGO PORTADA
30 May 2022

O Concello de Xermade, con motivo da celebración do Xacobeo 2022, remata estes sábado a ruta a pé desde Xermade ata Santiago de Compostela en distintas etapas.

A quinta, dende O Pino a Santiago será finalmente o día 4 de xuño.

A saída será ás 8.00 diante do Concello. Haberá autobús gratuíto desde Xermade ata o comezo da etapa, así como de regreso ao remate da xornada.

As inscricións están xa en marcha no 982 50 10 02 (ata dous días antes do comezo da etapa), que terá un aforo limitado.

Informa sobre esta actividade Lucía, no 678 744 178.

Cada persoa levará a súa comida para xantar ó finalizar a etapa. Contarán con transporte de apoio, auga e caixa de primeiros auxilios proporcionados polo concello.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17617106437683