Convocan a VI Edición do Premio Agustín Fernández Paz
Coincidindo coa celebración do Día do Libro, o Iescha, o Concello de Vilalba e Edicións Xerais de Galicia convocaron a VI edición do Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade.
Como en edicións anteriores poderán participar todas as persoas que o desexen presentando narracións inéditas en lingua galega, dirixidas ao publico infantil e xuvenil e cunha temática unida ao compromiso pola igualdade de xénero, raz, nacionalidade, etc. A obra terá unha extensión libre e presentarase encadernada, por cuadriplicado, en papel impreso polas dúas caras, tamaño DIN A4.
O premio está dotado con 3.000 euros e a publicación do orixinal por Edicións Xerais de Galicia cedendo ao gañador 30 exemplares do mesmo.
O prazo de presentación de orixinais, que xa está aberto, rematará o 12 de xullo, aproveitando o sexto caboano do autor homenaxeado. Será en outono, concretamente na última semana de outubro, cando se de a coñecer o gañador, escollido por un xurado formado por tres persoas de reconocido prestixio cultural.
A entrega de orixinais debe remitirse a V Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade Instituto de Estudos Chairegos, Praza de Suso Gayoso, 1 (Casa da Cultura) Apartado de Correos, no 39 27800 Vilalba (Lugo).