Convocan aos veciños da Pastoriza a unha reunión informativa polo proxecto eólico Arno
TerraChaXa
A cita será o mércores 20 de agosto no local social da Órrea ás 18:00 horas

19 Aug 2025
A Asociación de Veciños e Veciñas de Santa Comba da Órrea, xunto co Sindicato Labrego Galego e ADEGA, organiza unha reunión informativa para dar a coñecer os detalles do proxecto eólico Arno, que afecta ás zonas de A Órrea, Álvare e Aguarda, no concello da Pastoriza.
Na xuntanza abordaranse cuestións como o alcance do proxecto, as áreas que se verán afectadas, as consecuencias para a veciñanza e as posibles actuacións a levar a cabo neste momento.
O encontro terá lugar o mércores 20 de agosto, ás seis da tarde, no local social da Órrea.