Convocan aos veciños de Moncelos a unha reunión informativa sobre o proceso de concentración parcelaria

TerraChaXa
Esta será o próximo martes, 22 de abril, ás 11:00 horas, no grupo escolar
pavillon-moncelos-abadin
20 Apr 2025

O Concello de Abadín anuncia unha reunión informativa sobre o proceso de concentración parcelaria da zona de Moncelos, dirixida ás persoas propietarias e demais interesadas. A xuntanza terá lugar o próximo martes, 22 de abril, ás 11:00 horas, no grupo escolar.

Durante a reunión, abordarase o estado actual da zona e as actuacións previstas que se levarán a cabo proximamente no marco deste proceso e que consistirán na investigación da propiedade. Esta é unha oportunidade para resolver dúbidas e coñecer de primeira man os pasos a seguir.

Para máis información, os interesados poden contactar co Servizo de Infraestruturas Agrarias, situado na Ronda da Muralla 70, baixo 1, en Lugo, ou enviar un correo a infraestruturas.agrarias.lugo@xunta.gal.

⚙ Configurar cookies
0.074813842773438