Convocan de novo en na biblioteca do IES Basanta Silva o Reto Lector

A Biblioteca de Vilalba convoca o concurso Reto Lector 2026, unha actividade coa que pretende fomentar a lectura e crear hábito de visitar a biblioteca como un espazo de lecer.
O concurso está aberto a todas ás persoas usuarias xuvenís e adultas da biblioteca. Para participar, cómpre ser socio/a da biblioteca, no caso de non selo, a solicitude do carné da biblioteca é gratuíta e realízase no mesmo momento.
A dinámica da actividade consiste en que a biblioteca selecciona un estilo ou xénero literario diferente cada mes e propón títulos desa temática. Cada mes, os participantes poderán ler un título da biblioteca enmarcado no tema proposto.
Para verificar a súa lectura, os participantes poderán recoller na biblioteca unha cuartilla ata o próximo 31 de xaneiro. As lecturas selaranse na cartilla dentro do correspondente mes. Unha vez remate o ano, recolleranse as cartillas que teñan seladas todos os meses entre as que se sorteará unha cesta de libros valoradas en 100 euros.