Convocan de novo en Vilalba a iniciativa Tecendo Redes

TerraChaXa
Vilalba confirma o Tecendo Redes 2022, tras o éxito da edición do ano pasado na que se elaborou un toldo feito a ganchillo nas festas.
tecendo redes 2022
20 Apr 2022

O Concello de Vilalba confirma o Tecendo Redes 2022, tras o éxito da edición do ano pasado na que se elaborou un toldo feito a ganchillo que decorou as rúas da vila.

"Foron moitas as persoas que continuaron co ganchillo a nivel asociativo e particular, polo que entregaremos un ano máis o material preciso para que este proxecto colaborativo medre", afirman desde o concello. Tanto o fío como os aros poden recollerse por aquelas persoas interesadas de luns a venres no propio Concello de Vilalba, en horario de 10:00 a 13:00. Fóra dese horario, poderase escribir por WhatsApp ao teléfono 639946307, para recoller o material.

A iniciativa consiste en elaborar toldos a partir dos aros feitos a ganchillo polas persoas participantes, unindo as diferentes pezas confeccionadas.

Este ano ademais, o Concello de Vilalba busca ampliar as rúas nas que se instalarán os toldos, que decorarán o municipio durante o verán.

Na edición de 2021, aproximadamente cen persoas participaron nesta iniciativa. Dende o goberno local, búscase que Tecendo Redes 2022 repita a boa acollida e o seu éxito entre a cidadanía.

A iniciativa naceu a partir dunha proposta a distintas asociacións de Vilalba, como as de Insua, Nete, Santaballa ou a Asociación Amizade; ás que se sumaron persoas de todo o municipio e mesmo doutros puntos da provincia.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19271206855774