Convocan de novo o concurso de curtametraxes do Festival de cine de Roca
A asociación Xermolos e os veciños de Roca organiza tralo parón da pandemia unha nova edición do concurso de curtametraxes do Festival de cine de música de Roca, que vai ter lugar os días 25 e 26 de novembro na aldea de Roca, en Guitiriz.
Hai dúas categorías, unha de curtametraxes galegas e outra de fóra de Galicia, cun premio en metálico en cada categoría de 100 euros e un trofeo a cargo dun artesán da comarca.
Neste certame o importante é a temática musical das curtametraxes, que é o que caracteriza o festival.
Entre os requisitos para participar figura que se trata de obras en galego ou castelán (en orixinal o subtitualadas), a súa duración non podía exceder os 30 minutos e tiñan que presentarse con copia en DVD ou a través de plataformas dixitais.
O prazo de presentación está limitado ao 16 de novembro e a obra gañadora recibirá un premio en metálico de 100 euros e un trofeo exclusivo.
O Festival de Cine de Música en Roca é un proxecto cultural organizado na aldea de Roca, no que durante dous días se proxectan películas, documentais e curtametraxes con temática musical, ó aire libre, e co obxectivo de dinamizala vida cultural da aldea e arredores.
Normalmente esta cita cultural tiña lugar en xullo pero este ano adiouse a novembro. Este proxecto naceu arredor da Asociación cultural Xermolos inspirado na Mostra de Cine de Ascaso.