Convocan de novo o obradoiro Mentes en calma en Guitiriz

TerraChaXa
Relaxación, meditación e autocoidado no obradoiro Mentes en calma do Concello de Guitiriz. O prazo de inscrición abre o luns
obradoiro mentes en calma guitiriz portada
16 Nov 2022

O Concello de Guitiriz organiza para o ano 2023 outra edición máis do seu obradoiro Mentes en calma, no que se abordarán técnicas de relaxación, meditación, autocoidado ou autocoñecemento.

Desenvolveranse un total de 10 sesións de 60 minutos nos meses de xaneiro (os días 12, 19 e 26), febreiro (os días 2, 9, 16 e 23) e marzo (2, 16 e 30) sempre ás 18:30 horas na Casa Barca. As persoas participantes profundizarán en ámbitos a relaxación, o Mindfullness ou o autocontrol.

O prazo de inscrición abrirase o próximo luns, 21 de novembro, ata o 30 de decembro. As persoas interesadas poden anotarse a través da sede electrónica municipal ou de xeito presencial na casa do concello en horario de atención ao público.

obradoiro mentes en calma guitiriz
0.14285492897034