Convocan de novo o programa para deixar de fumar
O servizo de prevención de condutas adictivas da agrupación de Concellos de Begonte, Castro de Rei, Friol, Outeiro de Rei e Rábade organiza un ano mais un Programa de Deshabituación Tabáquica para aquelas persoas que están interesadas en deixar de fumar.
Durante o proceso de deshabituación tabáquica ofrécese apoio terapéutico ao longo de 7 sesións grupais continuadas, unha á semana, para lograr o obxectivo de deixar atrás o tabaco. As sesións serán impartidas a través de persoal da sede de Lugo da Asociación Española Contra o Cancro.
Para poder participar nestes cursos é obrigatorio residir nalgún dos concellos da agrupación Begonte, Castro de Rei, Friol, Outeiro de Rei e Rábade e ter interese en deixar de fumar.
O prazo de preinscrición remata o 4 de marzo 2022. Esta pode facerse enviando datos persoais e de contacto ao mail: prevenciondrogas@rabade.org.
O lugar, horario e número de grupos fixarase en función das inscricións recibidas en cada concello da agrupación. O programa está previsto para realizar nos meses de marzo e abril de 2022 (7 sesións).
Os interesados en obter máis información poden facelo a través do correo ou do teléfono 982 390 062 preguntando por María Barreiro.