Convocan en Guitiriz novos obradoiros de meditación para xaneiro

TerraChaXa
O Concello de Guitiriz abre o prazo de inscrición de Mentes en Calma e Mindfullness, dúas actividades para buscar a calma que terán lugar na Casa Barxa desde o 9 de xaneiro ata o 11 de xuño.
obradoiro guitiriz
28 Nov 2023

O Concello de Guitiriz abre o prazo de inscrición de Mentes en Calma e Mindfullness, dúas actividades para buscar a calma que terán lugar na Casa Barxa desde o 9 de xaneiro ata o 11 de xuño.

Os obradoiros pretenden tratar a ansiedade e mellorar o autoconcepto e autoestima a través do mindfullness, a creatividade e a meditación.

Mentes en Calma, aberta ao público en xeral, constará de dúas sesións mensuais os martes en horario de 18:45 a 20:00 horas.

Mindfullness, pola súa parte, estará dirixido a mozos e mozas de entre 12 e 20 anos e terá dúas clases mensuais os martes ás 18:00 horas, cunha duración total de 40 minutos.

As inscricións poderán realizarse no Concello ou a través da sede electrónica ata completar aforo.

0.17178988456726