Convocan en Guitiriz o primeiro taller de música na Semana Santa

TerraChaXa
Está dirixido a nenos e nenas de 4 a 9 anos e se realizará en horario de mañá
taller-musica-guitiriz
10 Apr 2025

A asociación Mubagui e a Banda de Música Municipal de Guitiriz organizarán o primeiro Taller de Música na Semana Santa dirixido a nenas e nenos de entre 4 e 9 anos. A actividade terá lugar os días 14, 15 e 16 de abril en horario de 10:00 a 13:00 horas.

Este obradoiro pretende ofrecer unha introdución á música a través de xogos, contos, manualidades, bailes e interpretación de pezas musicais con instrumentos. A iniciativa conta co apoio do Concello de Guitiriz, a través do programa de igualdade.

O prezo da inscrición é de 20 euros por persoa e as prazas son limitadas, polo que a admisión realizarase por orde de inscrición. Para formalizar a matrícula, as persoas interesadas deberán facer o ingreso dos 20 euros na conta da asociación Mubagui, indicando o nome da nena ou do neno, e enviar o xustificante de pago ao número de teléfono 628631557.

⚙ Configurar cookies
0.17485308647156