Convocan en Guitiriz o segundo taller de música na Semana Santa

TerraChaXa
Está dirixido a nenos e nenas de 4 a 12 anos e se realizará en horario de mañá
taller-musica-semana-santa-guitiriz
15 Mar 2026

A asociación Mubagui organizará o segundo Taller de Música na Semana Santa dirixido a nenas e nenos de entre 4 e 12 anos. A actividade terá lugar os días 30 e 31 de marzo e 1 de abril en horario de 10:00 a 13:00 horas.

Este obradoiro pretende ofrecer unha introdución á música a través de xogos, contos, manualidades, bailes e interpretación de pezas musicais con instrumentos. A iniciativa conta co apoio do Concello de Guitiriz, a través do programa de igualdade.

O prezo da inscrición é de 25 euros por persoa e as prazas son limitadas, polo que a admisión realizarase por orde de inscrición. Para formalizar a matrícula, as persoas interesadas deberán facer o ingreso na conta da asociación Mubagui, indicando o nome da nena ou do neno, e enviar o xustificante de pago ao número de teléfono 628631557.

Haberá para os que o desexen servizo de Madrugadores, a partir das 9.00 horas, o que deixa o prezo final en 30 euros.

0.12569999694824