Convocan en Pino un obradoiro de formación de persoas coidadoras
TerraChaXa
Esta sesión será o venres 19 a partir das 16.00 horas na Escola de Pino
Cartel
16 Xul 2024
A Asociación San Martiño de Pino e o Concello de Cospeito organizan un obradoiro de formación para coidadores de persoas en situación de dependencia que terá lugar o 19 de xullo.
Esta sesión será a partir das 16.00 horas na Escola de Pino e estará a cargo de Afalu Alzheimer. Conta con prazas limitadas polo que haberá que anotarse con anterioridade con calquera membro da directiva ou directamente no afalu@afalu.org o no teléfono 607 843 384.